Asociación de Moaña


O vindeiro sábado 18 dará comezo o ENTROIDO de Moaña, abriremos a festa esa noite a partir das 23:30, cun festival organizado pola asociación A Ghudalla, na carpa detrás da praza de abastos.

Os grupos dos que poderedes disfrutar serán THEE BLIND CROWS e  OS PODRIDOS.

Que viva o entroidooooooo!!!!!!!


O próximo sábado día 10 a asociación A     Ghudalla organizará en Moaña a 4ª xornada da LNB Conferencia Sur.

O igual que o ano pasado terá lugar no pavillón de Domaio. A inscripción será ás 16:00 para comezar ás 16:30.

A inscripción é aberta, é dicir, non fai falla estar en ningún grupo da liga nin haber xogado anteriormente para poder participar, así que… todo aquel que se anime que se achegue a Domaio este sábado.

Un saudo.

San Resaquiño 2011


Un ano máis a asociación A Ghudalla organiza, polas festas de San Martiño, o San Resaquiño na casa da cultura de Abelendo, este ano o día elixido será o sábado 12 de novembro.

Volveremos contar coa participación da Treboada do Ghato que por terceiro ano consecutivo se achegarán a Moaña para encher as nosas rúas co son dos seus incribles bombos, que semellan, como ben o seu nome indica, o son dunha treboada. Sairán da casa da cultura ás 20:00 e despois de recorrer a parroquia voltarán alí para rematar a súa actuación e dar comezo ós concertos ás 21:30.

Os grupos cos que contaremos este ano serán:

  • Samu a “Caraperro” -> é membro do grupo punk “Mala Ratxa” (Marín, Santomé) e nos sorprende en solitario coa súa guitarra electroacústica cunha serie de cancións sobre os colegas, a vida no seu pobo, etc. cunha denotada raíz punk. Estará con nós para amenizarnos o cambio entre os demais grupos, polo que poderedes disfrutar do seu espectáculo o longo da noite.
  • Thee Blind Crows -> grupo pontevedrés que mestura blues, garage e punk de moita calidade sendo só dous compoñentes, guitarra e batería.
  • Ocekaos -> grupo de Moaña de hip-hop que pese a levar pouco tempo xa están triunfando co seu estilo tan propio.
  • Falperry´s -> este grupo os que acudistes o ano pasado xa o coñeceredes. Para os que non, dicirvos que fan unha mestura entre folk-mugre-punk ainda que eles mesmos definen a súa música como tabernaria. Ainda que so teñen unha maqueta os seus membros levan xa un longo percorrido con grupos como Skacha, Motor Perkins ou  Extremidades Pelijrosas.

Aquí vos deixo un mapa para quen non sepa chegar, o lugar indicado en verde é a casa da cultura de Abelendo, se queredes que vos indique o camiño só tedes que premer no mapa e levaravos a google maps.

Por suposto a entrada é de balde!!!!  Contamos con vos!!!

Festa infantil das Caveiras


O próximo luns 31 de outubro a asociación A Ghudalla organiza na casa da cultura de San Martiño a festa infantil das caveiras.
A partir das 18:00 comezará o obradoiro de cabazas, intentade traer cada un a súa cabaza e os utensilios necesarios para abrila e vaciala xa que nós igual non temos para todos.
E o rematar estará con nós a Sra. Modesta Pena para contarnos contos tradicionais.
Ainda que a actividade en principio está enfocada para os pequenos que ninguen se sinta excluido, seredes benvidos tod@s.

O próximo mércores 12 de outubro a asociación A Ghudalla organiza un roteiro pola Costa de Soavela.

A saída será ás 11:00 da mañá no mirador de Donón (no caracol).
O percorrido será o seguinte:
– baixada ás furnas.
– baixada polo río de Donón ata a praia de Barra. (Levar algo para comer xa que pararemos polo camiño ou o chegar, según a hora.)
– volta a Donón
– subida o Facho.
Intentaremos estar no Facho coincidindo coa posta de sol para aproveitar a agradable vista dende o lugar.
O roteiro está plantexado para facer dun modo moi suave, en plan paseo.
Traede roupa axeita para a ocasión.