San Resaquiño 2011
Un ano máis a asociación A Ghudalla organiza, polas festas de San Martiño, o San Resaquiño na casa da cultura de Abelendo, este ano o día elixido será o sábado 12 de novembro.
Volveremos contar coa participación da Treboada do Ghato que por terceiro ano consecutivo se achegarán a Moaña para encher as nosas rúas co son dos seus incribles bombos, que semellan, como ben o seu nome indica, o son dunha treboada. Sairán da casa da cultura ás 20:00 e despois de recorrer a parroquia voltarán alí para rematar a súa actuación e dar comezo ós concertos ás 21:30.
Os grupos cos que contaremos este ano serán:
- Samu a “Caraperro” -> é membro do grupo punk “Mala Ratxa” (Marín, Santomé) e nos sorprende en solitario coa súa guitarra electroacústica cunha serie de cancións sobre os colegas, a vida no seu pobo, etc. cunha denotada raíz punk. Estará con nós para amenizarnos o cambio entre os demais grupos, polo que poderedes disfrutar do seu espectáculo o longo da noite.
- Thee Blind Crows -> grupo pontevedrés que mestura blues, garage e punk de moita calidade sendo só dous compoñentes, guitarra e batería.
- Ocekaos -> grupo de Moaña de hip-hop que pese a levar pouco tempo xa están triunfando co seu estilo tan propio.
- Falperry´s -> este grupo os que acudistes o ano pasado xa o coñeceredes. Para os que non, dicirvos que fan unha mestura entre folk-mugre-punk ainda que eles mesmos definen a súa música como tabernaria. Ainda que so teñen unha maqueta os seus membros levan xa un longo percorrido con grupos como Skacha, Motor Perkins ou Extremidades Pelijrosas.
Aquí vos deixo un mapa para quen non sepa chegar, o lugar indicado en verde é a casa da cultura de Abelendo, se queredes que vos indique o camiño só tedes que premer no mapa e levaravos a google maps.
Por suposto a entrada é de balde!!!! Contamos con vos!!!