Asociación de Moaña

Arquivo para Xuño, 2009

Cunca do Rei Xíbaro 2009


A Cunca do Rei Xíbaro é o colofón final á tempada na LNB Conferencia Sur. Trátase dun torneo eliminatorio por equipos. No ano 2009, a organización deste torneo recaeu na Ghudalla, disputándose o mesmo no Keniata de Meira.

Enfrontáronse 8 equipos: Paquete Pinchas, Se foras traballar, Faísca, Assambléia Aberta + Moaña, A Ghudalla, Treze Catorze, Lideiras e Culombio.

Tras uns cuartos de final e unhas semifinais moi disputados, o noso equipo plantouse na finalísima contra Culombio, perdendo na mesma por un só punto. Nesta crónica da web da LNB Sur móstranse os detalles desa final:

A gran final: igualdade ata o último golpe

A Ghudalla 8 – Culombio 9

Foi unha gran final, na que polos de A Ghudalla destacou a seguridade de Arosa, David e Panzo, mentres que Jacobo, Manuel e Barreiro tiveron máis problemas nas súas carreiras.

En Culombio, ao longo da tarde xogaron cunha extraordinaria regularidade Santi, Fátima e Esme, que gañaron puntos decisivos. Moi comezou ben, pero foi desinflándose a medida que avanzaba o torneo. O contrario que lle ocorreu a Jota, que empezou frouxo e acabou sendo o gran protagonista da vitoria na final. O máis regular do torneo, o MVP da Cunca Xíbara foi Pablo, que en toda a tarde conseguiu gañar 6 carreiras, empatar 2 e perder tan só 1.” (Extracto da crónica da web da LNB Sur)

Polo tanto, Culombio apuntouse a victoria na 1ª Cunca do Rei Xíbaro, quedando os nósos nun meritorio 2º posto.

HPIM1151

Para máis información sobre este torneo: http://lnbsur.wordpress.com/2009/06/

Advertisement

I Roteiro polo río da Fraga


O primeiro proxecto serio que se propuxo acometer A Ghudalla trataba dun roteiro etnográfico polo río da Fraga, incluíndo no mesmo diversas actividades lúdicas a celebrarse no complexo deportivo do Beque unha vez rematada a camiñata. (máis…)

Nube de etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: