Asociación de Moaña

Arquivo para a categoría ‘Cachisa’

Festa Entroido 2012 – A Ghudalla


O vindeiro sábado 18 dará comezo o ENTROIDO de Moaña, abriremos a festa esa noite a partir das 23:30, cun festival organizado pola asociación A Ghudalla, na carpa detrás da praza de abastos.

Os grupos dos que poderedes disfrutar serán THEE BLIND CROWS e  OS PODRIDOS.

Que viva o entroidooooooo!!!!!!!

Advertisement

4ª XORNADA LNB CONFERENCIA SUR EN MOAÑA.


O próximo sábado día 10 a asociación A     Ghudalla organizará en Moaña a 4ª xornada da LNB Conferencia Sur.

O igual que o ano pasado terá lugar no pavillón de Domaio. A inscripción será ás 16:00 para comezar ás 16:30.

A inscripción é aberta, é dicir, non fai falla estar en ningún grupo da liga nin haber xogado anteriormente para poder participar, así que… todo aquel que se anime que se achegue a Domaio este sábado.

Un saudo.

III Aberto de Billarda de Moaña


Na presente tempada 2010/11, A Ghudalla foi encargada da organización do 2º aberto clasificatorio. A previsión do tempo fixo que se tivese que trasladar dende a explanada de detrás da Plaza de Abastos ao Pavillón de Domaio.

87 palanadores se presentaron  divididos en 11 equipos. O pavillón de Domaio acabou sendo una pista rápida na que se lograron multitude de varados, 16 en total.

O campión do torneo foi Chiwi, dos Treze Catorze, vencendo a Chupi, de Paquete Pinchas, na gran final. Por equipos os gañadores foros os palanadores de Lideiras-Currichos, que lograron entre todos eles 20 puntos en total.

Pola nosa asociación participaron 9 palanadores. Barreiro, Chuki, María, Arosa e Cara non deron pasado da fase de grupos. Manu e David caían en 16avos, Jaco de Panzo en oitavos e Rubio en cuartos de final ante o que ao final sería o gañador, Chiwi.

As últimas roldas do torneo estiveron amenizadas por un grupo de gaitas e percusión. Percusión cos caldeiros do lixo, claro. Deron se cabe máis emoción ás semifinais e á final. Moita troula e moito baile nun aberto ameno, no que a diversión non faltou en ningún momento da tarde.

III aberto de CACHISA de Moaña


A Liga Nacional de Billarda chega a Moaña na súa 2ª xornada, organizada esta vez pola nosa asociación.

O acontecemento terá lugar o próximo día 2 de outubro na explanada detrás da Praza de Abastos de Moaña (onde xa se disputou hai 2 anos). A inscrición estará aberta ata as 16 horas, comezando o torneo ás 17:00h. En caso de que chova, trasládase o evento ó pavillón de deportes de Domaio.

Máis info: http://lnbsur.wordpress.com/calendario/

Festas do Carme 2010


Co motivo das festas do Carme 2010, a A.A.V.V. da Plaia-Seara, organizadora das mesmas, contou coa colaboración da Ghudalla en varias das actividades.

Poñendo una barra de bebidas, espirituosas e resfrescantes, nos concertos celebrados nos primeiros días de festa, e celebrando un torneo  de cachisa.

O primeiro día de concertos contou cun grupo de gaiteiros. A verdade é que o tempo non acompañou, pero o feito de que houbese Queimada gratuíta  a partires da medianoite fixo que os asistentes estiveran atentos ao reloxio e disfutaran da gaiteirada, que non estivo mal. Xa coa queimada comezou a troula.

No concerto do día seguinte sí acompañou a noite, e a xente disfrutou da Tuna Rastafari a pesares de que este día non había queimada… Boa presenza de público e moita diversión, culminada coa sesión de DJ Xavi,  ata altas horas da madrugada.

O único punto “negro” foi o torneo de cachisa, o cal non tivo éxito por varios factores, a calor abafante e outros eventos deportivos de elite na vila. Houbo non obstante premios para os que acudiron.

Nube de etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: