O próximo mércores 12 de outubro a asociación A Ghudalla organiza un roteiro pola Costa de Soavela.
A saída será ás 11:00 da mañá no mirador de Donón (no caracol).
O percorrido será o seguinte:
– baixada ás furnas.
– baixada polo río de Donón ata a praia de Barra. (Levar algo para comer xa que pararemos polo camiño ou o chegar, según a hora.)
– volta a Donón
– subida o Facho.
Intentaremos estar no Facho coincidindo coa posta de sol para aproveitar a agradable vista dende o lugar.
O roteiro está plantexado para facer dun modo moi suave, en plan paseo.
Traede roupa axeita para a ocasión.
Comentarios en: "Roteiro pola costa de Soavela" (2)
moi guapo , temos que reperilo .que gran dia !!
a verdade é que si, hai que planear máis días así!!! 😀