Asociación de Moaña

Arquivo para Agosto, 2010

Ruta de Tapas 2010


Como xa ocorrera o ano anterior, e con motivo das festas de Samertolaméu de Meira, A Ghudalla volveu recorrer Moaña degustando Tapas polos bares da vila.

Comezando o camiño no Con, no Bar Marusía e rematando no recinto das festas e no Vidi Vici Bar, fumos recorrendo varios bares de Moaña choupeando bo viño e papando boas tapas. Empanada, callos, costilla… só son algún dos manxares que degustamos nos diferentes locais que visitamos. E todo iso mollado con bo viño albariño, condado ou ribeiro. O evento non era exclusivo para membros da Ghudalla, non. Calquera podía unirse á festa, e nalgún dos locais superamos con creces as 20 persoas. O grande remate foi a chegada ao Vidi Vici Bar, no entorno do adro da festa, no que nos agardaba una boa criollada por cortesía de Iago, para logo disfrutar dos concertos que se producían no recinto das festas.

Trátase dun exercicio esixente, pois aguantar dende o mediodía ata a noite a base de viño e tapas é bastante complicado, e senón que lle pregunten a máis de un, que andaba aos tumbos… Pero o caso era disfrutar do día, das tapas, do viño, e celebrar as festas de Meira como corresponden, pasándono ben e en boa compañía. E que mellor compañía cá Ghudalla… 😉

Por elo, dende A Ghudalla agradecemos a todos aqueles que nos acompañaron nesta Ruta de Tapas, confiando en facer deste evento toda una tradición das festas de Samertolaméu de Meira.

 

Advertisements

Nube de etiquetas