Arquivo para a categoría ‘Festa das caveiras’
Samain
O próximo 31 de outubro de 2010 a asociación A Ghudalla fará unha nova edición da festa de Samain, esta vez o evento vaise desenvolver na casa da cultura de Abelendo. Un ano máis xuntarémonos esa noite para convidar os nosos ancestros a vivila con nós e participar da nosa festa.
As actividades comezarán pola tarde cun obradoiro de cabazas, no que poderán participar todos aqueles que se acheguen a casa da cultura de Abelendo sobre as 18:00. É necesario que cada un traia a súa cabaza para decorala.
A partir das 19:30 a Lonxa Literaria estará alí para deleitarnos con historias, mitos e demais lendas relacionadas coa temática do día. Todo aquel que coñeza historias de este tipo e lle apeteza compartilas cos demais estaremos encantados de recibilos.
Sobre as 22:00 comeza a festa nocturna, chourizada, queimada, música e disfraces.
FESTA!!!!!!!!
Festa das cabeiras
A noite do 31 de outubro para o 1 de novembro a asociación A Ghudalla organizou no bar Vidi Vici a Festa das cabeiras.
Adornouse o bar con motivos propios do día, cabeiras, mazás, velas, etc, coa “intención” de convidar os nosos antepasados do máis alá a que compartiran con nós ese día tan especial no que os dous mundos se unen.
Os asistentes podían ir disfrazados de algo relacionado co tema do día e participar na decoración levando as cabeiras feitas por eles mesmos.
A asociación organizou a cea, asando chourizos, castañas e queimada, que se fixo o rematar o día, co seu tradicional conxuro.