Asociación de Moaña

Arquivo para Outubro, 2010

San Resaquiño 2010


O 13 de novembro, con motivo das festas de San Martiño a asociación A Ghudalla organizará por segundo ano consecutivo o San Resaquiño.

Os concertos volverán realizarse na casa da cultura de Abelendo en Moaña.

Ás 21:00 dará comezo a inauguración oficial de San Resaquiño coa incrible treboada do Ghato, partindo da casa da cultura e facendo pasarrúas cos bombos polo barrio.
22:00 Cé Orquestra Pantasma abrirá a xornada de concertos na casa da cultura. Este é un magnifico home orquestra que toca variedade de temas populares e non tan populares, para tódolos públicos. Un espectáculo que non vos podedes perder.
A seguir Estado Puro , consolidado grupo Pop Rock de Moaña irá quentando os motores un pouquiño máis.

E para rematar Falperry´s, eles defínense como música taberneira, un grupo que de seguro dará que falar. Con compoñentes de Skacha e Motor Perkins esta nova banda sorprenderanos.

Sorpresas: as sorpresas non se contan,  senón non serían tal.

Esperamos vervos alí!!!!!!!!!!!!

Advertisement

Samain


O próximo 31 de outubro de 2010 a asociación A Ghudalla fará unha nova edición da festa de Samain, esta vez o evento vaise desenvolver na casa da cultura de Abelendo. Un ano máis xuntarémonos esa noite para convidar os nosos ancestros a vivila con nós e participar da nosa festa.

As actividades comezarán pola tarde cun obradoiro de cabazas, no que poderán participar todos aqueles que se acheguen a casa da cultura de Abelendo sobre as 18:00. É necesario que cada un traia a súa cabaza para decorala.

A partir das 19:30 a Lonxa Literaria estará alí para deleitarnos con historias, mitos e demais lendas relacionadas coa temática do día. Todo aquel que coñeza historias de este tipo e lle apeteza compartilas cos demais estaremos encantados de recibilos.

Sobre as 22:00 comeza a festa nocturna, chourizada, queimada, música e disfraces.

FESTA!!!!!!!!

III Aberto de Billarda de Moaña


Na presente tempada 2010/11, A Ghudalla foi encargada da organización do 2º aberto clasificatorio. A previsión do tempo fixo que se tivese que trasladar dende a explanada de detrás da Plaza de Abastos ao Pavillón de Domaio.

87 palanadores se presentaron  divididos en 11 equipos. O pavillón de Domaio acabou sendo una pista rápida na que se lograron multitude de varados, 16 en total.

O campión do torneo foi Chiwi, dos Treze Catorze, vencendo a Chupi, de Paquete Pinchas, na gran final. Por equipos os gañadores foros os palanadores de Lideiras-Currichos, que lograron entre todos eles 20 puntos en total.

Pola nosa asociación participaron 9 palanadores. Barreiro, Chuki, María, Arosa e Cara non deron pasado da fase de grupos. Manu e David caían en 16avos, Jaco de Panzo en oitavos e Rubio en cuartos de final ante o que ao final sería o gañador, Chiwi.

As últimas roldas do torneo estiveron amenizadas por un grupo de gaitas e percusión. Percusión cos caldeiros do lixo, claro. Deron se cabe máis emoción ás semifinais e á final. Moita troula e moito baile nun aberto ameno, no que a diversión non faltou en ningún momento da tarde.

Nube de etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: