Asociación de Moaña

Concurso Gastronómico


O martes 10 de novembro, véspera do día grande das festas, a asociación A Ghudalla fixo un taller de artesanía musical e xogos para os nenos, no adro da igrexa de San Martiño. Houbo unha moi boa acollida por parte de pais e nenos.

Máis tarde, ás 20.00, tivo lugar un concurso gastronómico no mesmo lugar. Os produtos que participaban eran empanadas, viño branco e viño tinto pero coa condición de que todo fora da casa.

Os gañadores foron:

  • Mellor viño tinto: o de covas.
  • Mellor viño branco: o do furancho do lado do cruceiro.
  • Mellor empanada: a dunha veciña da feira.

Os xuíces estaban compostos por unha representante da comisión de festas, outra da asociación de mulleres de Moaña e outro da asociación A Ghudalla.

Festa das cabeiras


A noite do 31 de outubro para o 1 de novembro a asociación A Ghudalla organizou no bar Vidi Vici a Festa das cabeiras.

Adornouse o bar con motivos propios do día, cabeiras, mazás, velas, etc, coa “intención” de convidar os nosos antepasados do máis alá a que compartiran con nós ese día tan especial no que os dous mundos se unen.

Os asistentes podían ir disfrazados de algo relacionado co tema do día e participar na decoración levando as cabeiras feitas por eles mesmos.

A asociación organizou a cea, asando chourizos, castañas e queimada, que se fixo o rematar o día, co seu tradicional conxuro.

III xornada da LNB


Ruta de tapas


O 22 de agosto de 2009 a asociación A Ghudalla organizou unha ruta de tapas polos diferentes bares de Moaña.  Comezou no Con ás 12 da mañá e rematou en Samertolameu coa chegada da noite.

A finalidade era degustar as diversas tapas que nos locais máis costeiros do pobo  poñen.

No medio da tarde fíxose unha parada para repoñer forzas, descansar o sol ou darse un baño na praia da Xunqueira. A gusto de cada quen…

O rematar a ruta de tapas, con motivo da festividade de Samertolameu había uns concertos no adro da igrexa que rematou cunha festa da espuma o aire libre, a que nós por suposto acudimos.


A Cunca do Rei Xíbaro é o colofón final á tempada na LNB Conferencia Sur. Trátase dun torneo eliminatorio por equipos. No ano 2009, a organización deste torneo recaeu na Ghudalla, disputándose o mesmo no Keniata de Meira.

Enfrontáronse 8 equipos: Paquete Pinchas, Se foras traballar, Faísca, Assambléia Aberta + Moaña, A Ghudalla, Treze Catorze, Lideiras e Culombio.

Tras uns cuartos de final e unhas semifinais moi disputados, o noso equipo plantouse na finalísima contra Culombio, perdendo na mesma por un só punto. Nesta crónica da web da LNB Sur móstranse os detalles desa final:

A gran final: igualdade ata o último golpe

A Ghudalla 8 – Culombio 9

Foi unha gran final, na que polos de A Ghudalla destacou a seguridade de Arosa, David e Panzo, mentres que Jacobo, Manuel e Barreiro tiveron máis problemas nas súas carreiras.

En Culombio, ao longo da tarde xogaron cunha extraordinaria regularidade Santi, Fátima e Esme, que gañaron puntos decisivos. Moi comezou ben, pero foi desinflándose a medida que avanzaba o torneo. O contrario que lle ocorreu a Jota, que empezou frouxo e acabou sendo o gran protagonista da vitoria na final. O máis regular do torneo, o MVP da Cunca Xíbara foi Pablo, que en toda a tarde conseguiu gañar 6 carreiras, empatar 2 e perder tan só 1.” (Extracto da crónica da web da LNB Sur)

Polo tanto, Culombio apuntouse a victoria na 1ª Cunca do Rei Xíbaro, quedando os nósos nun meritorio 2º posto.

HPIM1151

Para máis información sobre este torneo: http://lnbsur.wordpress.com/2009/06/