Asociación de Moaña

Ruta de Tapas 2010


Como xa ocorrera o ano anterior, e con motivo das festas de Samertolaméu de Meira, A Ghudalla volveu recorrer Moaña degustando Tapas polos bares da vila.

Comezando o camiño no Con, no Bar Marusía e rematando no recinto das festas e no Vidi Vici Bar, fumos recorrendo varios bares de Moaña choupeando bo viño e papando boas tapas. Empanada, callos, costilla… só son algún dos manxares que degustamos nos diferentes locais que visitamos. E todo iso mollado con bo viño albariño, condado ou ribeiro. O evento non era exclusivo para membros da Ghudalla, non. Calquera podía unirse á festa, e nalgún dos locais superamos con creces as 20 persoas. O grande remate foi a chegada ao Vidi Vici Bar, no entorno do adro da festa, no que nos agardaba una boa criollada por cortesía de Iago, para logo disfrutar dos concertos que se producían no recinto das festas.

Trátase dun exercicio esixente, pois aguantar dende o mediodía ata a noite a base de viño e tapas é bastante complicado, e senón que lle pregunten a máis de un, que andaba aos tumbos… Pero o caso era disfrutar do día, das tapas, do viño, e celebrar as festas de Meira como corresponden, pasándono ben e en boa compañía. E que mellor compañía cá Ghudalla… 😉

Por elo, dende A Ghudalla agradecemos a todos aqueles que nos acompañaron nesta Ruta de Tapas, confiando en facer deste evento toda una tradición das festas de Samertolaméu de Meira.

 

Festas do Carme 2010


Co motivo das festas do Carme 2010, a A.A.V.V. da Plaia-Seara, organizadora das mesmas, contou coa colaboración da Ghudalla en varias das actividades.

Poñendo una barra de bebidas, espirituosas e resfrescantes, nos concertos celebrados nos primeiros días de festa, e celebrando un torneo  de cachisa.

O primeiro día de concertos contou cun grupo de gaiteiros. A verdade é que o tempo non acompañou, pero o feito de que houbese Queimada gratuíta  a partires da medianoite fixo que os asistentes estiveran atentos ao reloxio e disfutaran da gaiteirada, que non estivo mal. Xa coa queimada comezou a troula.

No concerto do día seguinte sí acompañou a noite, e a xente disfrutou da Tuna Rastafari a pesares de que este día non había queimada… Boa presenza de público e moita diversión, culminada coa sesión de DJ Xavi,  ata altas horas da madrugada.

O único punto “negro” foi o torneo de cachisa, o cal non tivo éxito por varios factores, a calor abafante e outros eventos deportivos de elite na vila. Houbo non obstante premios para os que acudiron.

II Roteiro pola Fraga


O 12 de xuño do 2010 a asociación A Ghudalla realizou o seu II roteiro con actividades deportivas e folclóricas nas instalacións do Beque de Moaña. Ler o resto desta entrada »

Arte na Illa 2010


O 16 de maio do 2010 celebrouse na Illa de Samertolameu unha feira adicada á arte tradicional. A feira comezou pola mañá donde a Asociación “ A Ghudalla”  ás 12:00 organizou un obradoiro de papel reciclado donde os rapaces e rapazas alí presentes poideron ver e participar na tradicional tarea de fabricar papel a partir de papel xa usado. Os nenos despois de ver como se facía o mesmo con poucos utensilios, poideron colorear e levar para casa a súa propia creación. Ademáis a Asociación “A Ghudalla” pola tarde organizou un campionato de Cachisa no cal a participación era libre e gratuíta, neste campionato saiu campión David, socio da asociación. Os premios entregáronse na Illa ó remate do xogo.

A feira tivo montados distintos postos tanto de comida tradicional como de arte tradicional no que “A Ghudalla “ aportou un posto de bebidas para satisfacer a demanda neste sector. Despois de todo un día de arte donde se poideron ver entre outras cousas unha exhibición de capoeira cada un dos feirantes recolleron os seus bártulos para voltar o ano seguinte nunca nova edición.

San Resaquiño 2009


O venres 13 de novembro, a asociación A Ghudalla organizou, na casa da cultura de Abelendo, unha noite de concertos.

Comezou cun pasarrúas de bombos de treboada e posterior foliada na casa da cultura de Abelendo. A continuación actuou Leo i Arremecaghoná, un cantautor procedente de Matamá e a seguilo actuaron Grand´s, un grupo de hip hop moañés. O remate deles, Leo volveu animarse a subir as táboas para amenizar a festa.Xa por último fixo unha sesión de música dj Xavi, membro do grupo Xtraperlo que nun principio ían actuar nos concertos pero por problemas técnicos tiveron que cancelalo.

Inda que o tempo non acompañou en absoluto a xente animouse a subir para gozar do día da re-festa co gran resacón arrastrado dos días da festa de San Martiño, os cales agradecemos a súa asistenta e esperamos que repitan cada ano

Nube de etiquetas