Asociación de Moaña

Na presente tempada 2010/11, A Ghudalla foi encargada da organización do 2º aberto clasificatorio. A previsión do tempo fixo que se tivese que trasladar dende a explanada de detrás da Plaza de Abastos ao Pavillón de Domaio.

87 palanadores se presentaron  divididos en 11 equipos. O pavillón de Domaio acabou sendo una pista rápida na que se lograron multitude de varados, 16 en total.

O campión do torneo foi Chiwi, dos Treze Catorze, vencendo a Chupi, de Paquete Pinchas, na gran final. Por equipos os gañadores foros os palanadores de Lideiras-Currichos, que lograron entre todos eles 20 puntos en total.

Pola nosa asociación participaron 9 palanadores. Barreiro, Chuki, María, Arosa e Cara non deron pasado da fase de grupos. Manu e David caían en 16avos, Jaco de Panzo en oitavos e Rubio en cuartos de final ante o que ao final sería o gañador, Chiwi.

As últimas roldas do torneo estiveron amenizadas por un grupo de gaitas e percusión. Percusión cos caldeiros do lixo, claro. Deron se cabe máis emoción ás semifinais e á final. Moita troula e moito baile nun aberto ameno, no que a diversión non faltou en ningún momento da tarde.

Deixar un comentario