Asociación de Moaña

Visita arqueolóxica nocturna

Gran afluencia de participantes na Iº Visita Arqueolóxia  Nocturna de observación de Petroglifos, organizado por Betilo e a nosa asociación.

Nesta xornada guiada polo historiador e arqueólogo Xandre  Paz Camaño, as preto de 40 persoas que se animaron a subir ata Meira  gozaron dun bonito paseo nocturno a luz das lanternas.

Iso de ver petroglifos de noite creaba unha certa desconfianza do público a que non se vesen os gravados na pedra. Pese a parecer unha noite moi romántica e unha idea un pouco rariña, nada mais chegar o primeiro dos gravados todo o mundo quedou moi abraiado e non dubidou en preguntar e participar nesta xornada moi dinámica e con inumerables aportacións e preguntas por parte do público.

A interacción da xente unida o cálido ambiente e as continuas interpretacións do guía propiciaron que fose unha xornada estupenda e con moitos participantes que de seguro repetirían.

Cabe destacar o importante esforzo de Xandre , traballador de Betilo Arqueoloxia e outras cousas e da Xunta de Montes de Meira que axudaron co acondicionamento das zona e os camiños de forma totalmente altruísta.

Comentarios en: "Visita arqueolóxica nocturna" (1)

  1. Excelente roteiro! Noraboa, haber para cando o seguinte…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nube de etiquetas