Asociación de Moaña

II Roteiro pola Fraga

O 12 de xuño do 2010 a asociación A Ghudalla realizou o seu II roteiro con actividades deportivas e folclóricas nas instalacións do Beque de Moaña.

O roteiro foi guiado, o igual que o ano anterior Pichi e Chani, membros da asociación Luita Verde. Iniciouse ás 11 da mañá dende o Beque, subiuse ata o alto da Portela para seguir subindo ata a carballeira de Pastoriza e rematar de novo no Beque. Cada quen levou a súa comida e comeron polo monte.

A chegada o Beque foi sobre as 17:00 horas, cando comezaron os xogos populares (cachisa, aros, chave…)

Ás 22:00 horas os asistentes que previamente reservaran o seu prato cearon no na terraza do restaurante, cedida amablemente polo seu dono xa que o tempo ameazaba con deixar caer algunha gota de chuvia.

O remate da cea Zalo Carballo abriu os concertos, tras el houbo unha jran session, na que participaron músicos do pobo que previamente habían preparado uns temas para amenizar a noite. E xa para rematar o grupo Foxy Freire deleitounos cunha inmellorable actuación a pesar de ser o seu primeiro concerto como grupo.

A xente tiña a posibilidade de acampar de balde no cámping do Beque.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nube de etiquetas