Asociación de Moaña

O primeiro proxecto serio que se propuxo acometer A Ghudalla trataba dun roteiro etnográfico polo río da Fraga, incluíndo no mesmo diversas actividades lúdicas a celebrarse no complexo deportivo do Beque unha vez rematada a camiñata.

Nas semanas e días previos a este evento o pesimismo sobre a súa celebración foise apoderando dos membros da asociación por mor das malas novas que nos traía o “Wind Guru” e outras webs meteorolóxicas cada vez que pretendiamos obter un prognóstico do tempo para o día do roteiro. Con moita valentía, a tres días do acontecemento, decidiuse ir adiante con el con tódalas consecuencias.

E chegou o día. Amencemos cun chuvasco de grandes proporcións que puxo o suspense de última hora de cara á celebración ou non do roteiro. Á hora da quedada no Concello pouca xente allea á asociación se asomaba por alí. Xente como os compañeiros do Faísca que pretendían acudir xa se botaran atrás polas inclemencias meteorolóxicas. Non obstante, un raio de luz acudiu ao rescate da Ghudalla, e non foron outros que os marinenses de Almuinha, que completaron o grupo de persoas que finalmente decidiu subir polas beiras do río da Fraga ata o Beque.

Non éramos un grupo moi numeroso, por desgracia, pero a medida que foi pasando a mañá foise abrindo un pouco o ceo, e iso fixo medrar as ilusións da xente por observar o que nos depararía o río da Fraga no noso paseo. Ademais contabamos cuns guías inmellorables ( Pichi e Chani, membros da asociación Luita Verde, aos cales agradecemos enormemente desde A Ghudalla a súa labor neste roteiro), que nos explicaron detidamente todo o relacionado tanto coa fauna como coa flora do río. O grupo contemplou tamén a ruta dos muíños, e nun deses muíños unha señora do lugar, moi amable e dicharacheira, nos desvelou tódolos segredos relacionados con eles. Inclusive intentamos moer algo de millo.

E tras un inciso para comer, acometemos o derradeiro e máis duro tramo do roteiro. Unha zona de fervenzas que é unha verdadeira marabilla para a vista. E xa nos últimos metros nos visitou de novo a choiva, que pensábamos que se esquecera de nós. Todo iso desluciu a chegada ao Beque, e mesmamente obrigou a suspender os xogos tradicionais que tiñamos propostos para a tarde.

Xa pola noite montouse a cea na terraza do restaurante. E logo, xa no frontón do propio Beque, a foliada que contou cunha boa presenza de xente, que se divertiu a esgalla coa sesión continua de gaitas e a boa bebida, incluída unha queimada, que se lle ofreceu ao persoal alí reunido.

O rematar a festa a xente tiña a opción de acampar de balde nas instalación do Beque.

Polo xeral, na Ghudalla quedamos contentos co resultado deste evento, aínda que con reservas, pensando que no futuro se poida celebrar sen o problema de que unha situación meteorolóxica adversa o condicione.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nube de etiquetas